Pegadas culturais. O podcast

  • 8. Como se fai ESGRIMA nas películas? - Podcast con Cabaleiro Errante

    53:54||Season 1, Ep. 8
    Hoxe falamos con Aldán, fundador de Cabaleiro Errante, actor e maestro de artes marciais históricas e esgrima escénica. Na nosa charla de hoxe falamos da importancia de saber esgrima histórica á hora de practicala nunha representación e afondamos no incipiente estudo das artes marciais históricas.
  • 7. O poder da PALABRA - Podcast con Loaira Lázare

    44:13||Season 1, Ep. 7
    Hoxe falamos en Compostela con Loaira Lázare, de Aselas. Bailarina, poeta e actriz, Loaira lévanos nesta charla a explorar o poder transformador da palabra e das artes, dende a literatura ao teatro. Agardamos gocedes desta entrevista tanto coma nós!
  • 6. Que NECESITA a xuventude? - Podcast con Ocionautas

    01:00:47||Season 1, Ep. 6
    Hoxe estamos na Estrada para falar con Ocionautas dos proxectos que desenvolveron cos rapaces da vila. Ademais, facemos un repaso da situación da xuventude na nósa terra e das necesidades que teñen os colectivos de xóvenes emprendedores.
  • 5. Como é un festival DENDE DENTRO - Podcast con Ribeira Crea

    59:30||Season 1, Ep. 5
    Hoxe desplazámonos ata Ribeira para falar con Alba e Martín, membros da equipa directiva de Ribeira Crea, unha asociación cultural a punto de levar a cabo a segunda edición do Etalequal Festival. Falamos do proceso que conleva organizar un festival de música, das dificultades que teñen que afrontar coa burocracia, e de como plantarlle cara á frustración. O certo é que botamos unhas boas risas!
  • 4. Un lugar onde CELEBRAR todos os días - PODCAST con TS A Casa

    57:59||Season 1, Ep. 4
    Atopámonos no barrio de San Pedro, en Santiago de Compostela para charlar cos rapaces do TS A Casa, unha tapería/colectería vegana. Neste capítulo falamos de vexetarianismo e veganismo, sobre o comercio local, o arriscado que é emprender, e sobre o rápido crecemento das opción vexetarianas nos últimos anos. Foi unha charla do máis interesante!Pegadas culturais. O podcast é un podcast en galego no que entrevistamos a asociacións, colectivos, empresas e persoas con proxectos interesantes en Galicia. Falamos de educación ambiental, música, teatro, veganismo, dereitos LGTBI+, e moitas cousas máis. Pretendemos crear un espazo onde poder expresarse, debatir e coñecer outras realidades.
  • 3. Está o teatro en CRISE PERMANENTE? - Podcast con Celia González (Escola de Teatro de Narón)

    50:10||Season 1, Ep. 3
    Hoxe estamos na Escola de Teatro de Narón para entrevistar a Celia González, profesora e xefa de estudos na escola. Falamos sobre a situación do teatro na nosa terra e sobre as oportunidades que pode atopar alguén que se queira adicar a esta profesión.
  • 2. Estamos AVANZANDO realmente en dereitos LGTBI+ - Podcast con ALAS A CORUÑA

    53:59||Season 1, Ep. 2
    TEMPADA 1. CAPÍTULO 2Hoxe entrevistamos a ALAS A CORUÑA, unha asociación galega afincada na cidade da Coruña dende o ano 2010 adicada á loita e á divulgación polos dereitos LGTBI+. Falamos sobre o uso das redes sociais no seo da loita, a soidade das persoas que non atopan un apoio, a implicación das institución no tema, e discutimos sobre o avance real dos dereitos do colectivo nos últimos anos. Pegadas culturais. O podcast é un podcast en galego no que entrevistamos a asociacións, colectivos, empresas e persoas con proxectos interesantes en Galicia. Falamos de educación ambiental, música, teatro, veganismo, dereitos LGTBI+, e moitas cousas máis. Pretendemos crear un espazo onde poder expresarse, debatir e coñecer outras realidades. Somos unha equipa pequeniña, con Sandra Martínez como presentadora, e Juan Villar ao cargo do vídeo e do son. Estamos comezando este novo camino con moita ilusión e estamos a prender unha cantidade enorme de cousas. Úneste?Pegadas culturais é unha pequena empresa galega que se adica á educación ambiental e ás artes escénicas. Nace a principios de 2022 coa idea de xerar un cambio social de cara ao respecto e ao coidado da natureza e o medioambiente, pondo en valor a enorme cantidade de recursos naturais que nos rodean. Ademais, conta cunha compañía teatral con espectáculos para público infantil e adulto. Link entrevista con vídeo en youtube: https://www.youtube.com/watch?v=sd3jZC1CV1Y&ab_channel=PegadasCulturais Instagram Pegadas culturais: pegadasculturais_Instagram Alas A Coruña: alasacorunaWeb Alas A Coruña: https://alasacoruna.org/
  • 1. Teríamos que EXTINGUIRNOS? - Podcast con RIBEIRAN

    57:37||Season 1, Ep. 1
    TEMPADA 1. CAPÍTULO 1Hoxe entrevistamos a RIBEIRAN, unha cooperativa galega adicada á educación ambiental que xa conta cunha ampla experiencia no tema. Falamos sobre o cambio climático, sobre como afecta a economía ao medioambiente, e reflexionamos sobre que faría falta para cambiar o rumbo que levamos cara unha verdadeira sostibilidade. Pegadas culturais. O podcast é un podcast en galego no que entrevistamos a asociacións, colectivos, empresas e persoas con proxectos interesantes en Galicia. Falamos de educación ambiental, música, teatro, veganismo, dereitos LGTBI+, e moitas cousas máis. Pretendemos crear un espazo onde poder expresarse, debatir e coñecer outras realidades. Pegadas culturais é unha pequena empresa galega que se adica á educación ambiental e ás artes escénicas. Nace a principios de 2022 coa idea de xerar un cambio social de cara ao respecto e ao coidado da natureza e o medioambiente, pondo en valor a enorme cantidade de recursos naturais que nos rodean. Ademais, conta cunha compañía teatral con espectáculos para público infantil e adulto. Instagram Pegadas culturais: pegadasculturais_Instagram Ribeirán: ribeiranproxectFacebook Ribeirán: https://www.facebook.com/ribeiran/?locale=es_ESContáctanos: culturaispegadas@gmail.com
loading...