Share

cover art for Onda Ciencia

Onda Ciencia

O programa de divulgación da UDC


Latest episode

  • 1. Está a sociedade preparada para as persoas neurodiverxentes?

    52:32||Season 4, Ep. 1
    Neste episodio mergullámonos nun debate que gaña peso día a día nos eidos social, educativo e sanitario. Para entender mellor que supón convivir coa diversidade neurolóxica, Onda Ciencia contou cunha mesa de luxo composta por catro expertas de referencia da UDC, que nos achegan perspectivas desde a psicoloxía, a educación, a terapia ocupacional e as tecnoloxías inclusivas:Silvia López Larrosa, especialista en intervención familiar e coordinadora do Grupo de investigación en Intervención Psicosocial e Rehabilitación Funcional.Montserrat Muriano Rodríguez, directora académica de Espazo Compartido, o estudo propio da UDC para a autonomía e empregabilidade das persoas con discapacidade intelectualIria Botana Lois, experta en atención temperá e intervención en dificultades de linguaxe e neurodesenvolvemento, membro do Grupo de investigación en Psicoloxía do Desenvolvemento e da Aprendizaxe Escolar.Betania Groba González, terapeuta e investigadora en tecnoloxías inclusivas no grupo TALIONIS e no CITIC.As expertas analizan no podcast que é a neurodiverxencia e a importancia vital da atención temperá e do diagnóstico. Afondan no papel clave das familias, os recursos dispoñibles e a atención á diverxencia nos centros educativos, tanto nas primeiras etapas como na universidade, a través de títulos como Espazo Compartido. Finalmente, abordan como a tecnoloxía pode facilitar a vida das persoas neurodiverxentes, amosando o impacto de proxectos como “Talentos inclusivos” que se desenvolve no CITIC.

More episodes

View all episodes

  • 5. O 'que' que o cambia todo

    57:36||Season 3, Ep. 5
    O concepto de queer fai referencia a identidades, orientacións e expresións de xénero que non encaixan en categorías tradicionais ou normativas. O fenómeno da queeridade abórdase de maneira pouco precisa nos medios, amais de ser obxecto de confrontación política ou persecución por parte dalgunhas persoas que se opoñen ao recoñecemento de certas expresións ou identidades que desafían as súas crenzas. Para coñecer máis sobre o movemento queer, no último Onda Ciencia da tempada 2025 convidamos tres persoas expertas da Universidade da Coruña (UDC):Pedro Ángel Bogo López. Educador social, formador experto en diversidade e inclusión. Técnico da Unidade de Atención á Diversidade da UDC.Renée DePalma Ungaro. Profesora na Facultade de Ciencias da Educación da UDC, coordinadora do grupo de investigación Educación para Cidadanía Global (ECIGAL) e especialista en pedagoxía queer.Ana María Amigo Ventureira. Doutora en Educación pola UDC e experta en teoría queer. A súa tese de doutoramento titulouse «Cisxénero, homofobia e transfobia: o papel das escolas como espazo para a reprodución de discursos discriminatorios».Onda Ciencia pode escoitarse os martes ás 13:00 h no 103.4 da FM e na nosa web en directo streaming: https://cuacfm.org/directo/. Podes escoitar e descargar todos os episodios do podcast na páxina web do programa: https://cuacfm.org/radioco/programmes/onda-ciencia/.
  • 4. O galego no século XXI: accións e retos

    57:32||Season 3, Ep. 4
    Ante unha situación de “emerxencia lingüística”, e cunha sociedade cada vez máis sensibilizada e preocupada polo descenso do uso do galego, tamén nos contextos educativos, é preciso facer unha diagnose pausada acerca dos factores que incidiron na perda do uso do galego, así como das accións políticas e educativas que cumpriría adoptar para reverter esta situación. Falamos con tres expertos da Universidade da Coruña:Xosé Manuel Sánchez Rei, profesor titular na Universidade da Coruña na Área de Filoloxía Galega e Portuguesa. Membro do Grupo de Investigación Lingüistica e Literaria Galega (ILLA). O seu campo de estudo é a gramática da lingua galega actual e a linguaxe literaria contemporánea.Iria Sobrino Freire, profesora do Dpto. de Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico e membro do Grupo de Investigación Lingüistica e Literaria Galega (ILLA). Xesús Manuel Mosquera Carregal, filólogo e técnico do Servizo de Normalización Lingüística da UDC.ESCOITA ONDA CIENCIAONDA CIENCIA pode escoitarse os martes ás 13:00 horas no 103.4 da FM e na nosa web (streaming) https://cuacfm.org/directo/Podes escoitar e descargar todos os PODCASTS na páxina web do programahttps://cuacfm.org/radioco/programmes/onda-ciencia/Tamén podes revisar os episodios das tres tempadas de ONDA CIENCIA nos espazos de CUAC FM en Youtube, Spotify, Acast, ou Ivoox.
  • 3. Desinformación nos medios de comunicación

    58:52||Season 3, Ep. 3
    Os expertos alertan sobre a existencia dunha “industria da desinformación” que busca erosionar a democracia, socavar a confianza nas institucións e manipular a opinión pública. Para afondar nas causas e nas consecuencias da proliferación de falsidades ou loiadas e de información manipulada nas redes sociais conversamos con tres investigadoras da Universidade da Coruña:Laura Morán Fernández, profesora da Facultade de Informática e Membro do Grupo de Investigación Laboratorio de Investigación e Desenvolvemento en Intelixencia Artificial (LIDIA)Irene González Martínez, profesora da Facultade de Dereito, investigadora no proxecto “Comunicación e publicidade dixital non discriminatoria para unha sociedade xusta e igualitaria”.Tamara Pazos Cordal, bióloga, neurocientífica e responsable de Comunicación e Divulgación Científica do Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) da UDC.
  • 2. Xenofobia e racismo desde una perspectiva interseccional

    52:51||Season 3, Ep. 2
    Nun momento de auxe do discurso racista e xenófobo en toda Europa,é preciso afondar nas razóns polas que arraiga este tipo de discurso en paises que contan cunha longa historia migratoria como España e,especialmente, Galicia. Para elo, neste segundo episodio de Onda Ciencia  conversamos  con Laura  Oso Casas,  Catedrática  de Socioloxía e coordinadora do Grupo  ESOMI (Equipo de Investigación  Sociedades  en  Movimiento) no  periodo  2011-2024; José  Ángel Brandariz García, Catedrático de dereito penal e criminoloxía e Membro do Grupo de investigación Criminoloxía, Psicoloxía Xurídica  e Xustiza Penal no século XXI; e Montserrat Castro Rodríguez, Profesora Contratada Doutora do Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Facultade de Ciencias da Educación e membro do Grupo de Investigación en Innovacións Educativas.ESCOITA ONDA CIENCIAONDA CIENCIA pode escoitarse os martes ás 13:00 horas no 103.4 da FM e na nosa Web (streaming) https://cuacfm.org/directo/ Podes escoitar e descargar todos os PODCASTS na Web do programa https://cuacfm.org/radioco/programmes/onda-ciencia/ Tamén podes revisar os episodios das tres tempadas de ONDA CIENCIA nos espazos de CUAC FM en Youtube, Spotify, Acast, ou Ivoox.EQUIPO TÉCNICO:- Yolanda Golías Pérez e Mª Cristina Naya Riveiro: idea, proposta de temáticas e expertas.- Isabel Lema Blanco: produción, presentación e condución do programa.- Mariano Fernández Cabarcos e Chema Casanova: control técnico do programa.- Miguel Anxo Facal: postprodución e difusión en redes sociais.
  • 1. Cambio Climático na Coruña: impacto local e estratexias de adaptación para minimizar os riscos climáticos

    53:54||Season 3, Ep. 1
    En ONDA CIENCIA quixemos saber como está afectando o cambio climático na Coruña (e, por extensión, Galicia), e coñecer as diferentes medidas e estratexias que deberiamos desenvolver, como comunidade, para adaptarnos ao riscos climáticos o mellor posible. Para elo, conversamos con tres expertos da Universidade da Coruña, cunha extensa traxectoria investigadora neste eido:Armand Hernández Hernández. Investigador do CICA (Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía), membro do Grupo de Investigación en Cambio Ambiental e director da Oficina de Sustentabilidade da UDC.Manuel Alberto Regueiro Picallo. Investigador postdoutoral no CITEEC - Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil e membro do Grupo de investigación de Enxeñaría da Auga e do Medio Ambiente. Pedro José Vega Marcote. Profesor/a Titular do dpto Pedagoxía e Didáctica da Facultade de Ccs da Educación, experto en didáctica das ciencias e ambientalización curricular.ESCOITA ONDA CIENCIAONDA CIENCIA pode escoitarse os martes ás 13:00 horas no 103.4 da FM e na nosa Web (streaming) https://cuacfm.org/directo/Podes escoitar e descargar todos os PODCASTS na Web do programahttps://cuacfm.org/radioco/programmes/onda-ciencia/ Tamén podes revisar os episodios das tres tempadas de ONDA CIENCIA nos espazos de CUAC FM en Youtube, Spotify, Acast, ou Ivoox. EQUIPO TÉCNICO: ·      Yolanda Golías Pérez e Mª Cristina Naya Riveiro: idea, proposta de temáticas e expertas.·      Isabel Lema Blanco: produción, presentación e condución do programa.·      Mariano Fernández Cabarcos e Chema Casanova: control técnico do programa.·      Miguel Anxo Facal: postprodución e difusión en redes sociais.
  • 5. O Uso Do Galego Na Intelixencia Artificial

    51:35||Season 2, Ep. 5
     A intelixencia artificial (IA) ten múltiples utilidades nunha ampla diversidade de campos, mais tamén o uso masivo de certas ferramentas presenta novos riscos e retos, como, por exemplo, a infrarrepresentación de linguas como o galego na intelixencia artificial xenerativa. Para coñecer en profundidade como funcionan estas IA e o impacto que teñen na educación, falamos con tres expertos da Facultade de Informática da UDC:   - Miguel Ángel Alonso Pardo, profesor titular no Departamento de Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información e membro do Grupo de investigación Lingua e Sociedade da Información. - Sara Guerreiro Santalla, profesora do Departamento de Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información e membro do Grupo Integrado de Enxeñaría. - Javier Parapar López, profesor titular no Departamento de Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información e membro do grupo de investigación Information Retrieval Lab. O programa afonda no funcionamento dos modelos de IA xenerativa (ex. Chat GPT), o desenvolvemento dunha IA en galego chamada “Ola Cabuxa” (CITIC-UDC), así como a abordaxe da IA tanto nos estudos preuniversitarios como nos estudos superiores, e as liñas de investigación que se están a desenvolver dende a UDC sobre intelixencia artificial.