Share

cover art for Nigrán, a terra do verán

Si Radio de Galicia

Nigrán, a terra do verán

O equipo de "Galicia, Vila a Vila" chegou a Nigrán onde estaba en marcha a Festa da Cervexa, a Val Miñor Fest. Aproveitando a visita falaron de esta festa e tamén do que é este concello do sur da provincia de Pontevedra no verán. Falou o alcalde, Juan González, o responsable da festa, Esteban Loureiro, e o creador de cervexas, Andrés Toledano. O final rematamos aprendendo como se fai a cervexa por se un día isto da radio non da máis.

More episodes

View all episodes

  • Carballeda de Avia

    43:00
    Programa de Galicia Vila a Vila, de Si Radio, gravado en Carballeda de Avia (Ourense). Con este programa achegamonos a esta localidade e as súas fortalezas.
  • Baiona

    42:07
    O equipo de Galicia Vila a Vila visita Baiona para coñecer o proxecto de música nos barrios e saber cales son os plans de futuro de esta vila turística pegada o Atlántico.
  • Escairón: Música na rúa

    36:41
    O equipo de "Galicia, Vila a Vila" foi a Ribeira Sacra. En Escairón, municipio de O Saviñao, atopáronse con Milucho, ou mellor Emilio Vázquez Expósito, porque xa pasou dos cincuenta. Foron falar con el porque anda metido no "Música Na Rúa", un festival de música Underground ou para que nos entendamos "un festival de música que non se adapta as modas e cultura musical" e que leva alí unha morea de artistas alternativos e moito público. Isto é algo que fai por paixón e que este ano ten cine e ata xornadas técnicas que colocan no micro mundo da Ribeira Sacra ese evento tan especial. Disto sabe Alfonso Pato, o prestixioso programador e produtor cultural da Galicia actual, coñecido por ser director do Festival de Cans pero que fai máis cousas. Polo programa pasa tamén outro apaixonado, Evaristo Rodríguez, o xefe da adega Abadía da Cova (Adegas Moure) porque ir a Ribeira Sacra e non falar de viño non tiña perdón de Deus.
  • ARNOIA

    50:45
    O equipo de Si Radio de Galicia trasladase a vila da Arnoia, en Ourense. A localidade é coñecida polo pemento e o programa descubre as súas características e afonda na problemática desta localidade do interior de Galicia, que ve precisamente neste vexetal unha posibilidade de futuro.
  • TOMIÑO

    50:37
    O equipo de Si Radio chegou a Tomiño e instalou a súa mesa de traballo na praza do Seixo. Varias persoas, entre elas a alcaldesa, Sandra González, pasaron polos micrófonos para contar cousas da localidade. Foi un programa maravilloso. Tomiño é unha vila que respira.
  • Entrevista a Mario Fernández, arqueólogo (07/10/2021)

    14:50
    Mario Fernández e arqueólogo de Tempo Arqueólogos, responsables da excavación inicial no Castro de Pereiras en Mos. Nesta entrevista describenos como director da excavación que se atopou e cal é o futuro dese castro.