Share

cover art for Cristais de Meraki

Cristais de Meraki


Latest episode

  • 9. O Cristal de Esther: Detrás do Dígocho eu!

    54:20||Season 2, Ep. 9
    Benvidos, benvidas e benvides ao último cristal da tempada. Coma sempre, mestúranse unha serie de emocións importantes porque a ninguén lle gusta despedirse. Pero claro, tendo en conta quen nos acompaña, todos os males se pasan.Efectivamente, hoxe vén ata a facom para rememorar os seus anos universitarios e os inicios da súa carreira laboral Esther Estévez, xornalista e unha das caras máis visibles das redes da TVG. Mais, sobre todas as cousas, unha persoa que conta coa súa propia páxina de wikipedia!Así, falamos sobre a vocación, as redes sociais, a lingua, traspasar fronteiras e os bailes do tiktok. Todo isto moi ben acompañadas da gañadora de non un, senón dous Mestres Mateos (aínda que ás veces lle custe crelo). Non volo podedes perder. Dicímoscho nós! Estadísticas del episodio

More episodes

View all episodes

  • 8. O Meraki do Amor Propio

    45:32||Season 2, Ep. 8
    Ás veces falamos de cousas das que semella que non temos moita idea, pero parte do amor propio é aprender tamén a aceptar os nosos faios e aprender a querernos con eles. Por iso, intentando afondar nos picos e nos baixos que implica o proceso de descubrir como querernos a nós mesmas, pasamos este novo Meraki falando das cousas que nos custa aceptar neste proceso, de todas as que aínda nos quedan por aprender e de todas aquelas que si facemos ben. Porque o amor propio é unha movida, porque é difícil, cíclico e pouco definitivo. O amor propio non é cambiar o pelo, pero é tantas outras cousas que ás veces é o único sitio polo que sabemos comezar. Benvides á nosa aproximación máis honesta ao xeito no que intentamos querernos
  • 7. O Cristal de Ángela: Festa no turreiro

    50:41||Season 2, Ep. 7
    Dixeron unha vez unhas sabias que todas as festas rematan con música. A esta festa aínda lle queda, pero xa comeza a cheirarse o final. Por iso, hoxe acompáñanos Ángela Carou, que de festas (foliadas) e tradición algo sabe. Así, a cantante e pandeireteira do grupo Aila.gz entra con nós ao turreiro para falar sobre a cultura galega, o ambiente en Compostela, a música tradicional, o traxe e a diversidade que enche cada oco de Galicia e do que somos. Poñédevos cómodas, sacádelle uns chupitos de licork ou calquera bebida espirituosa sucedánea, e preparádevos para escoitar o amor co que Ángela fala sobre a terra e a música porque asegurámosvos que é contaxioso. Ao final todo se resume a iso, unha festa
  • 6. O Meraki dos Soños

    52:32||Season 2, Ep. 6
    Un domingo máis volvemos cun novo Meraki para falar sobre os soños, os de durmir e os outros.Dende que somos cativas aprendemos a soprar os dentes de león, tocarnos o nariz cando dan as 11.11, recoller trebos de boa sorte e apagar candeas pensando naquilo que máis queremos. Hoxe vimos a compartir con vós todo o que ronda pola nosa cabeza cada vez que vemos unha estrela fugaz. Sempre coa esperanza de que iso de que os soños se se din en voz alta non se cumpren sexa un falso mito.Así, abrimos o noso corazón e subconsciente para falar das cousas coas que soñabamos de pequenas (ou agora), da romantización dos soños, de como inflúe a nosa contorna nas cousas ás que aspiramos ou de como facer para "perseguir os teus sonos". Así que, xa sabedes, coidado co que desexades e non deixedes nunca de soprar dentes de león porque de soños tamén se pode vivir.
  • 5. O Cristal de Lau:

    51:40||Season 2, Ep. 5
    Oli! Comeza a Semana Santa e agardamos que estas vacacións vos permitan poñervos ao día con todos os capítulos das vosas podcasters favoritas (aka, nós). Por iso, hoxe traémosvos contidos fresco, saíndo un domingo máis á palestra para falar con Laura Rodríguez, a nosa xornalista-deportista favorita. Un pouco fartas de que ao falar de fútbol e mulleres só pensemos nas "mulleres de...", hoxe acompáñanos a nosa referente do fútbol local e feminino, para poder reconciliarnos con todas esas nenas ás que no recreo só lles deixaban pisar a portería. Se queredes saber máis sobre a nosa relación co deporte, a discriminación da muller no fútbol, o auxe dos medios de comunicación especializados en deporte feminino ou a necesidade de regar as flores que plantas, este é o voso capítulo.
  • 4. O Meraki do amor

    55:30||Season 2, Ep. 4
    Que é o amor? Semella que pasamos unha vida enteira falando dalgo que nin sequera sabemos definir. Hoxe nós facemos un pouco o mesmo. Porque ao final, afondando nas veces que nos romperon o corazón, nos tipos de relacións, no desamor, nos mitos do amor romántico, nas aplicacións para ligar ou nas relacións tóxicas podemos tentar aproximarnos a esa descrición perfecta. Total, que hoxe abrimos Meraki cun Sálvame Deluxe no que expoñemos as nosas penurias (e victorias), porque tú y eu, Chelo, non tivemos unha noite de amor. Aínda asi, e aínda que asuste, queremos seguir amando para descubrir polo camiño que é o amor e, cando o saibamos, compartilo
  • 3. O Cristal de Laura

    40:00||Season 2, Ep. 3
    Ola, ola! Benvidos, benvidas e benvides un domingo máis. Hoxe, malia que arrancamos un pouco nerviosas, vimos a falar dos tabús, de especializarte no xornalismo, da menstruación, da pílula e, en xeral, de ser muller. Laura Veiga, máis coñecida como Pingando.gal, ábrenos a fiestra a un novo xeito de facer xornalismo, sempre co foco na educación. Ao final a sogra de Marta non ten nada do que preocuparse, de momento. O único que podemos adiantar é que coa de temas que nos quedaron no tinteiro e o moitísimo que desfrutamos falando con Laura, ningunha podería descartar unha segunda parte para seguir aprendendo sobre sexualidade e deixar de terlle medo a esa parte de nós.