{"version":"1.0","type":"rich","provider_name":"Acast","provider_url":"https://acast.com","height":250,"width":700,"html":"<iframe src=\"https://embed.acast.com/$/643b1ff2530eaa00116937bd/6a550a18420a266ecbd6e924?\" frameBorder=\"0\" width=\"700\" height=\"250\">","title":"Eólicos en Galicia, solución ou problema?","description":"
Onda Ciencia ponlle o ramo á súa cuarta tempada cun dos debates máis intensos, complexos e estratéxicos que afronta o noso territorio hoxe: aquel sobre o modelo de implantación da enerxía eólica en Galicia.
Nun contexto de transición enerxética global cara á descarbonización, Galicia sitúase como un actor xeotáctico clave. Pero, a que custo? É posible o equilibrio entre o progreso industrial e o respecto á nosa terra? Neste último episodio, en Onda Ciencia analizamos o impacto dos muíños de vento desde unha tripla perspectiva: a riqueza do noso patrimonio e da nosa paisaxe cultural, as innovacións tecnolóxicas da eólica mariña mar a fóra (offshore) e a balanza económica entre os custos locais e os beneficios globais. Para afondar nesta realidade, conversamos con tres voces expertas da Universidade da Coruña (UDC):
Vicente Díaz Casás
Profesor titular na<a href=\"https://portalinvestigacion.udc.gal/unidades/5783/detalle\" rel=\"noopener noreferrer\" target=\"_blank\"> Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol e membro do<a href=\"https://investigacion.udc.es/gl/Research/Details/G00098\" rel=\"noopener noreferrer\" target=\"_blank\"> Grupo Integrado de Enxeñaría (Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais do Campus Industrial de Ferrol). É especialista en deseño naval, seguridade marítima e enerxías renovables mariñas.
Aurora María Grandal D’Anglade
Profesora titular na Facultade de Ciencias da UDC. Dirixe o Instituto Universitario de Xeoloxía. É membro do Centro Interuniversitario de Investigación de Paisaxes Culturais Atlánticas (<a href=\"https://cispac.gal/es/persoal-cientifico/aurora-ma-grandal-danglade/\" rel=\"noopener noreferrer\" target=\"_blank\">CISPAC).  
Fernando De Llano Paz
Profesor titular na Facultade de Economía e Empresa da UDC, director do Grupo de Investigación en Regulación, Economía e Finanzas (<a href=\"https://investigacion.udc.es/gl/Research/Details/G000616\" rel=\"noopener noreferrer\" target=\"_blank\">GREFIN), e experto na análise de políticas enerxéticas e climáticas de ámbito europeo. Foi tamén o coordinador do informe O sector enerxético en Galicia: presente e futuro, publicado en 2023 polo Consello Económico e Social de Galicia.
","author_name":"Cuac Fm, UDC"}