{"version":"1.0","type":"rich","provider_name":"Acast","provider_url":"https://acast.com","height":250,"width":700,"html":"<iframe src=\"https://embed.acast.com/$/643b1ff2530eaa00116937bd/6a0a19263fd6979bfc19d768?\" frameBorder=\"0\" width=\"700\" height=\"250\">","title":"Vivenda: desafíos e solucións","description":"
A falta de acceso a un fogar digno converteuse nunha das maiores preocupacións sociais en España. No terceiro episodio da cuarta tempada de Onda Ciencia, analizamos as causas estruturais, o papel do urbanismo e as novas alternativas de convivencia da man de tres expertos da Universidade da Coruña: 
Natalia Álvarez Lata. Catedrática no departamento de Dereito Civil da Facultade de Dereito. Membro do<a href=\"https://investigacion.udc.es/gl/Research/Details/G000708\" rel=\"noopener noreferrer\" target=\"_blank\"> Grupo de investigación Empresa, Consumo e Dereito. Desenvolve gran parte da súa actividade investigadora no campo da responsabilidade civil. 
Plácido Lizancos Mora. Profesor titular no departamento de Expresión Gráfica Arquitectónica, na ETSA. Membro do<a href=\"https://investigacion.udc.es/gl/Research/Details/G000661\" rel=\"noopener noreferrer\" target=\"_blank\"> Grupo de investigación Grupo de Estudos Territoriais. Investiga sobre Hábitat básico, vivenda e procesos habitados.
Nieves Rodríguez Brisaboa. Catedrática emérita do Departamento de Informática da UDC. Premio Nacional de informática na categoría Angela Ruiz Robles (2019). Medalla Enrique Vidal Abascal 2025, outorgada pola Real Academia Galega de Ciencias. Presidenta da <a href=\"https://www.larlilas.gal/\" rel=\"noopener noreferrer\" target=\"_blank\">Asociación LarLilás, que promove un novo modelo de envellecemento activo baseado na autoxestión.
Este episodio de <a href=\"https://cuacfm.org/radioco/programmes/onda-ciencia/4x2/\" rel=\"noopener noreferrer\" target=\"_blank\">Onda Ciencia explora aborda a crise habitacional en España analizando os factores que converten a vivenda nun obxecto de conflito e as causas de que o parque inmobiliario actual non responda ás necesidades das novas estruturas familiares. A través do diálogo cos expertos, o programa explora o impacto da planificación urbana na calidade de vida, os mecanismos xurídicos para mobilizar as millóns de vivendas baleiras cara ao mercado de alugueiro e a urxencia de superar as barreiras burocráticas e financeiras que frean alternativas como o co-housing ou o cooperativismo autoxestionado en Galicia. O episodio non só buscou identificar os problemas, senón tamén explorar solucións. Desde a intervención estatal no mercado ata os exemplos de éxito noutros países europeos, os nosos invitados propoñen medidas concretas para garantir que a vivenda sexa un ben accesible para a cidadanía.
","author_name":"Cuac Fm, UDC"}