{"version":"1.0","type":"rich","provider_name":"Acast","provider_url":"https://acast.com","height":250,"width":700,"html":"<iframe src=\"https://embed.acast.com/$/6370ebd99c03bc0011bc5d9c/63b6a247d490b600110b42bc?\" frameBorder=\"0\" width=\"700\" height=\"250\"></iframe>","title":"Emociónate CEP Pedro Caselles Beltrán - Tomiño","thumbnail_width":200,"thumbnail_height":200,"thumbnail_url":"https://open-images.acast.com/shows/6370ebd99c03bc0011bc5d9c/1672913443729-35f7297c34e97b0dbe7fd5c13c616f83.jpeg?height=200","description":"<p>Este foi un programa cheo de bonitas sorpresas. A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, non quixo perder a oportunidade de desfrutar da radio e fíxenos confidencias sobre a súa etapa de estudante tanto na EXB como na Universidade. Eder González, do grupo América, puxo ritmo ás ondas e tocou algúns dos seus temas favoritos e non faltaron as palmas para acompañar. O exalumno Esteban Gómez Español formou parte do equipo e formulou algunhas das preguntas das entrevistas, entre elas, a do deportista e exalumno Manuel Ochoa que ven de acadar a medalla de prata na Copa do Mundo de Slálom Extremo. Adestramento, disciplina e tenacidade son algunhas das claves deste super deportista ao que non lle da medo enfrontarse a calquera proba deportiva. Tamén estivo con nós Gabriel, colaborador de Emociónate coa Radio e propietario da exposición de radios antigas que nos acompañou por todos os centros educativos. Con él descubrimos ese fermoso mundo da radio. A profe de educación física presentounos a Patrulla Verde e xunto ao director despedimos o programa dende un centro no que saben moito de integración e no que traballan a diario para que as persoas con necesidades específicas sexan máis autónomas e mesmo entendidas. Na entrevista explicáronnos como cada semana o alumnado NEAE sae xunto ao seu profesorado a facer a compra ou tomar un almorzo e facer recados precisos para o día a día dunha persoa. Escoiten e terán un día moito mellor!!!</p>","author_name":"Si Radio / Asociación Ondiñas"}