{"version":"1.0","type":"rich","provider_name":"Acast","provider_url":"https://acast.com","height":250,"width":700,"html":"<iframe src=\"https://embed.acast.com/$/6370ebd99c03bc0011bc5d9c/63a8776f9f44270011e478df?\" frameBorder=\"0\" width=\"700\" height=\"250\"></iframe>","title":"Emociónate CEIP Cabada Vázquez de A Estrada","thumbnail_width":200,"thumbnail_height":200,"thumbnail_url":"https://open-images.acast.com/shows/6370ebd99c03bc0011bc5d9c/1672828033321-e2d4b365c16cafb3e93f906648e1a12d.jpeg?height=200","description":"<p>A Directora Xeral de Innovación e Ordenación Educativa, Judith Fernández, foi a primeira entrevistada do programa realizado co alumnado do&nbsp;CEIP Cabada Vázquez de A Estrada. Con ela descubrimos a súa faceta profesional pero tamén algunhas pinceladas da súa traxectoria de estudante. O xornalista Lois Docampo e a xornalista Lorena Cochón cambiaron de rol para pasar a ser os entrevistados/das e responder a cada unha das cuestións formuladas polo alumnado e así descubrimos se de cativos soñaban con ser xornalistas ou como é o día a día dun profesional que afronta a responsabilidade de cubrir unha comarca. Con eles os dous exploramos a súa profesión. Andrea Porto da Banda da Loba deixou por uns intres a súa aula onde é profesora para achegarse ao CEIP Cabada Vázquez e relatarnos os seus mellores momentos como estudante e como se formou a Banda da Loba, que hoxe xa ten a axenda chea de concertos. O alumnado e o profesorado quixeron adicarlle a súa aula de música e colocaron un fermoso cartel co seu nome na porta, Andrea Porto!. Neste programa tan cheo de ilusión e bos sentimentos non faltou a música, da boa por certo. O alumnado da man da súa mestra de música interpretou varias pezas de percusión e música de vento e todas e todos bailamos ao ritmo dos seus sons. ¿Sona ben verdade? Pois queden con nós.</p>","author_name":"Si Radio / Asociación Ondiñas"}